Un 22 de abril de 1970 houbo unha manifestación en EE.UU na que participaron 20 millóns de persoas que reivindicaban unha solución para as pésimas condicións ecolóxicas que pronto comezarían a pasar factura. A partir deste día nace a Axencia de Protección Medioambiental que velaría por preservar o noso planeta.
Esta conciencia ecolóxica nacida en Norteamérica tardaría pouco en extenderse ao resto do mundo ata cobrar a importancia actual.
Porén, aínda que temas como o cambio climático e a contaminación aparecen continuamente nos medios de comunicación o Día da Terra é unha data á que non se lle presta demasiada atención, e quizáis este ano aínda menos, debido á difícil época que estamos a vivir a causa desta pandemia que mantennos a todos nos nosos fogares impedíndonos disfrutar do noso maravilloso planeta.
Porque sí, este planeta e de TODOS/AS, polo tanto, absolutamente cada persoa (sí, incluídos vós, merodeadores) ten a responsabilidade de coidalo. Só temos esta "casa", por iso é tan importante preservala. E aínda que estemos, se cadra, un pouco aburridos, tamén temos que pensar en que este confinamento foi unha especie de "descanso" para o planeta. As canles de Venecia levan por fin auga cristalina, hai avistamentos de animais salvaxes que noutras condicións nunca se verían, en Madrid desapareceu a capa de contaminación que bañaba diariamente a cidade...
A continuación presentámosvos algunhas actividades que podedes realizar sen saír da casa para conmemorar este día😃
- Realizar unha maqueta da terra con papel maché e pintura. Podedes seguir este videotutorial que o explica paso a paso.
- Se tedes un xardín ou unha terraza podedes facer unha súper merenda fóra. Non esquezades incluír frutas, que son moi saudables e ricas😋.
- Se pola contra o día non acompaña, podedes visualizar os seguntes vídeos moi interesantes sobre cómo se formou a terra, qué pasaría se os humanos desapareceran ou que ocurriría se os polos se derretiran.
Como dixo Kurt Vonnegut: "Pregúntome quen nos deu o dereito a estragar o noso planeta".
Coido que non temos dereito a estragalo, pero sí a coidalo. Estades listos/as para contertervos en ecomerodeadores/as!?😎🐾
Como dixo Kurt Vonnegut: "Pregúntome quen nos deu o dereito a estragar o noso planeta".
Coido que non temos dereito a estragalo, pero sí a coidalo. Estades listos/as para contertervos en ecomerodeadores/as!?😎🐾
A información empregada para esta entrada foi extraída das seguintes páxinas:
-National Geographic (https://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/datos-del-dia-de-la-tierra-por-que-se-celebra-donde-empezo).
-Okdiario (https://okdiario.com/bebes/dia-tierra-2020-como-explicar-ninos-como-celebrar-ellos-dia-dedicado-tierra-5494844).
-Videos de Youtube. Autores: Paco Tabara, DRAW MY LIFE e Tik Tak Draw.
