martes, 12 de mayo de 2020

Despedida


Despois dun cuatrimestre aprendendo a usar recursos que nin coñecía, podo dicir que estou moi contenta de, pouco a pouco, conseguir superar todas as actividades propostas. Grazas as profesoras que respondían dúbidas incluso os fines de semana, puiden aprender a usar recursos que ao principio me parecían complexos.

O proxecto que máis me gustou foi a WebQuest, pareceume unha idea moi boa para traballar co alumnado. Espero acordarme de como se crean todos os recursos para poder empregalos cos meus futuros alumnos.

E finalmente, recalcar que non son moi boa coas novas tecnoloxías pero que despois desta experiencia podo afirmar que xa estou máis familiarizada e contenta de saber que podo dar unha materia a través de xogos e non de maneira tradicional.
Antía Cuntín



Tras varios meses de traballo, chegamos ao final desta interesante aventura! A verdade e que aprendín moito nesta materia, xa non só a crear recursos de cara o noso futuro docente, senón que tamén a desenvolverme con maior facilidade a través das TIC e a integralas nas prácticas educativas. Sen dúbida, esta materia superou todas as miñas expectativas iniciais con creces!

Destacar tamén que isto foi posible grazas ás profesoras, xa que en todo momento que precisamos da súa axuda, estiveron dispostas a botarnos unha mán; foi un pracer aprender con elas!😄

E ata aquí o noso traxecto, esperamos que vos gustara a nosa aventura tanto coma a nós, moitas grazas por estardes aí, e ata outra!!😉💚
Laura Cid





Vaia vaia merodeadores... parece que isto vai rematar...

A verdade é que este cuatrimeste foi mooi intenso e non so falo de todo o que aprendimos: facer un blog, recursos, xuntalos nun libro, crear un logo, códigos QR, un póster, un ebook, licenciar, grabar un video e editalo, descubrir e crear unha WebQuest... senón que tamén foi especial pois coñecimos de primeira mán o valor que teñen as TIC e o importante que é aprender a utilizalas (pois, lembrade que coñecer non é o mesmo que saber empregar 🙃). Esperemos que vos concienciárades sobre a importancia de coidar o noso fogar, o planeta Terra; e que as nosas actividades vos resultaran útiles. Anímovos a probar todas as posibilidades que a red nos ofrece (iso sí, con cabeciña e sendo consciente dos riscos que poida haber🤭).

Como diría Peter Pan, non vos digo adeus porque adeus significa irse lonxe e irse lonxe significa olvidar. Sempre que existan as tecnoloxías poderemos atoparnos de novo, así que ata pronto e un placer merodeadores🐾🌳🌍💙.

Eva Casar












domingo, 10 de mayo de 2020

PROXECTO FINAL

Bos días merodeadores/as!!
Deixámosvos por aquí o noso proxecto final. Nel poderedes ver todos os recursos que fixemos durante estes meses. Esperamos que vos gusten!😀




miércoles, 22 de abril de 2020

22 de abril, Día da Terra.

     Cómo vai todo merodeadores/as?? Hoxe aparecemos por aquí por unha ocasión especial, porque hoxe, día 22 de abril é... o Día da Terra!!🌍. Como coincide co tema do noso proxecto queríamos proporcionarvos un pouco de información acerca deste tema.

     Un 22 de abril de 1970 houbo unha manifestación  en EE.UU na que participaron 20 millóns de persoas que reivindicaban unha solución para as pésimas condicións ecolóxicas que pronto comezarían a pasar factura. A partir deste día nace a Axencia de Protección Medioambiental que velaría por preservar o noso planeta.
Esta conciencia ecolóxica nacida en Norteamérica tardaría pouco en extenderse ao resto do mundo ata cobrar a importancia actual.

     Porén, aínda que temas como o cambio climático e a contaminación aparecen continuamente nos medios de comunicación o Día da Terra é unha data á que non se lle presta demasiada atención, e quizáis este ano aínda menos, debido á difícil época que estamos a vivir a causa desta pandemia que mantennos a todos nos nosos fogares impedíndonos disfrutar do noso maravilloso planeta.

     Porque sí, este planeta e de TODOS/AS, polo tanto, absolutamente cada persoa (sí, incluídos vós, merodeadores) ten a responsabilidade de coidalo. Só temos esta "casa", por iso é tan importante preservala. E aínda que estemos, se cadra, un pouco aburridos, tamén temos que pensar en que este confinamento foi unha especie de "descanso" para o planeta. As canles de Venecia levan por fin auga cristalina, hai avistamentos de animais salvaxes que noutras condicións nunca se verían, en Madrid desapareceu a capa de contaminación que bañaba diariamente a cidade...

     A continuación presentámosvos algunhas actividades que podedes realizar sen saír da casa para conmemorar este día😃

- Realizar unha maqueta da terra con papel maché e pintura. Podedes seguir este videotutorial que o explica paso a paso.
- Se tedes un xardín ou unha terraza podedes facer unha súper merenda fóra. Non esquezades incluír frutas, que son moi saudables e ricas😋.
- Se pola contra o día non acompaña, podedes visualizar os seguntes vídeos moi interesantes sobre cómo se formou a terra, qué pasaría se os humanos desapareceran ou que ocurriría se os polos se derretiran.

     Como dixo Kurt Vonnegut: "Pregúntome quen nos deu o dereito a estragar o noso planeta".

     Coido que non temos dereito a estragalo, pero sí a coidalo. Estades listos/as para contertervos en ecomerodeadores/as!?😎🐾





A información empregada para esta entrada foi extraída das seguintes páxinas:

-Videos de Youtube. Autores: Paco Tabara, DRAW MY LIFE e Tik Tak Draw.

lunes, 20 de abril de 2020

EN BUSCA DOS ANIMAIS PERDIDOS

Boas noites merodeadores!!!
Hoxe traemosvos unha entrada moi especial: a nosa primeira WebQuest😋
Deixaremosvos o enlace aquí: EN BUSCA DOS ANIMAIS PERDIDOS. Aquí podedes atopar unha actividade moi interesante sobre algúns animais en perigo de extinción, ademais dunha explicación dos recursos que podedes empregar, os criterios de avaliación e moitas cousas máis, animádevos!




viernes, 3 de abril de 2020

Libro de recursos


Boas tardes merodeadores!

Hoxe traemosvos o enlace ao noso libro de recursos, espero que vos gusten:

https://www.chiscos.net/xestor/chs/antia25/o_planeta_terra/o_planeta_terra.html


Como ben sabedes, o tema que escollimos foi "O planeta Terra", e as actividades están creadas para alumnos de 5º curso de educación primaria. Intentamos adaptar o tempo á complexidade de cada actividade.
Esperamos que os nenos e nenas aprendan moito á vez que realizan as actividades.


jueves, 2 de abril de 2020

Recursos empregados

Boas noites merodeadores!!

      Hoxe traemosvos unha serie de actividades interactivas realizadas por nós mesmas, como por exemplo: puzzles, labirintos, etc.

      Pero aínda que parece moi doado, non o foi para nada, tivemos varias complicacións coas aplicacións para realizar a tarefa. As novas tecnoloxias non son o noso!! Probamos coa aplicación ARDORA, que vós recomendamos encarecidamente se queredes deseñar algún recurso na rede. Ademais, é moi doado de empregar.

Despois de que cada unha realizara 2 recursos, unímolos nun libro de actividades interactivas que titulamos "O planeta Terra". Tamén realizamos unha portada e unha especie de contraportada onde figuran os créditos, ambos os dous coa aplicación CANVA.



miércoles, 25 de marzo de 2020

Recurso audiovisual (II)

Pois ben, Merodeadores. A continuación presentámosvos o noso súper video: ECOTOY STORY!!

Tacháaaan
Esperamos que vos encante!!! 😀

Recurso audiovisual

     Qué tal, Merodeadores?? Xa voltamos para presentarvos desta vez unha nova tarefa que tivemos que realizar: a creación dun recurso audiovisual 🎬📽.

     Despois de moito pensar e pensar decidimos titular ao noso recurso "Ecotoy story". O tema escollido foi a reciclaxe enfocada dende a perspectiva da contaminación. Queríamos contar unha historia concienciadora sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar para preservar o noso fogar, o planeta Terra.

     Primeiro realizamos xoguetes con materiais reciclados, que serían os protagonistas da historia. Aproveitando a clase gravamos varias secuencias (as de tomatito e centilin), e o resto rematámolas na casa.

     Unha vez que tíñamos todas as escenas era hora de montalas e darlle voz. As aplicacións que empregamos foron en primeiro lugar iMovie, para xuntar as secuencias gravadas; e en segundo lugar Clipchamp para engadirlle voz en off, os créditos e a licenza (recordade sempre facer isto último para que non vos acusen de plaxio😉).

     A verdade é que ao comezo a idea do audiovisual pareceunos unha boa tarefa para aprender sobre este ámbito bastante descoñecido para todas. Unha vez comezamos a editar démonos de conta de que non era todo tan sinxelo como semellaba pero finalmente acabamos bastante satisfeitas co noso recurso. De seguro que cando sexamos futuras docentes nos animamos a crear máis materiais así.



ANTÍA, ANXELA, LAURA E EVA.

lunes, 9 de marzo de 2020

PÓSTER DIXITAL

    Boas tardes a todos e todas!! Como vai o voso mes de Marzo?? Nos estivemos buscando recursos interactivos e didácticas para a aula, un proceso que nos resultou bastante entretido á vez que laborioso; xa que seleccionamos só aquelas actividades e vídeos interesantes e didácticos, entre centos deles, para integrar na aula. Ademais de que axudan a consolidación dos contidos mentres o alumnado se divirte e aprende dunha forma diferente á tradicional. Concretamente centrámonos na temática da Terra, para traballar cómo é, quén a rodea, qué fenomenos naturais actúan nela... Son actividades que axudan a coñecer un pouco máis cómo é e cómo se comporta o planeta no que vivimos.

    Posteriormente, adentrámonos a crear un póster dixital que incluíse estes vídeos explicativos e máis as actividades interactivas, xa que é un método que recolle toda a información precisa dun xeito moi visual e atractivo...😜😜


sábado, 29 de febrero de 2020

OS NOSOS RECURSOS

Ola de novo Merodeadores!! Nesta entrada contarémosvos a nosa experiencia traballando con recursos xa creados que atopamos en webs de repositorios.

Tras unha exhaustiva búsqueda de recursos educativos dixitais, decanteime por duas páxinas webs que encontrei no repositorio abalar da Xunta de Galicia.

Ambas as dúas páxinas tratan información acerca do Universo, o Sistema Solar, o planeta Terra, etc; e combinan tanto explicacións teóricas como algunha exemplificación práctica ou visual para asentar ditos contidos. Tamén empregan unha linguaxe clara e fácil de entender polos/as máis cativos/as. Estas páxinas están dirixidas cara nenos e nenas de 5º de primaria que traballen as ciencias sociais tanto de forma individual como en grupo. Pretende informar ao alumnado dunha serie de contidos, os cales deberán ser interpretados e comprendidos polos alumnos e alumnas, para desenvolver así unha capacidade crítica na adquisición destes novos coñecementos.


Enlaces ás páxinas web:


LAURA CID


          Despois de aprender qué eran os recursos educativos  (xogos, videos, páxinas web, cancións...), para qué se empregaban (para guiar e acompañar a aprendizaxe do alumnado); e onde os podíamos atopar (nas webs de repositorios de recursos online como a do espazo abalar) tocounos o turno a nós de seleccionar algúns. Cérto é que como o noso tema é moi recurrente foi sinxelo atopar recursos. 
         Cada compoñente do grupo se centraba nun recurso concreto e eu escollín xogos interactivos. A verdade e que puiden comprobar qué tipo de materiais (excelentes e pésimos) son subidos ás redes, inclusive ás páxinas supostamente máis "controladas" e revisadas.
         En relación á actividade quedeis moi satisfeita coa primeira parte sobre a búsqueda. O que non me gustou tanto foi a segunda parte que consistía en cubrir unha ficha con datos, obxectivos curriculares que cumpría, etc. Pareceume bastante pesada e complicada (aínda que iso non quita que non lle vexa a utilidade).
        Para finalizar comentar que estou segura de que cando sexa unha futura docente recurrirei con frecuencia a este tipo de repositorios en busca de materiais que complementen a miña labor.


Enlaces ás páxinas web:



EVA CASAR



O recurso polo que finalmente optei, foi un recurso audiovisual. Busquei en YouTube dous vídeos sobre o Planeta Terra e despois de visualizar varios, atopei “Happy Learning Español”, unha canle de YouTube con varios vídeos que se adecuaban bastante ao que eu pescudaba.
Os vídeos alternaban imaxes reais con debuxos, o cal me pareceu bastante interesante, e enfoqueinos ao curso de 5º primaria para traballar de éxito individualizado. Isto sérvenos para coñcer aspectos fundamentais das ciencias da natureza e das ciencias sociais. Ademais, empregan unha linguaxe clara e concisa, apoiandose ás veces de texto, o que axuda á súa comprensión.

Intentamos que os nenos e nenas interpreten, comprendan, den explicación e expresión á realidade, con temas que se tratan no vídeo como: os movementos da Terra (rotación e traslación) , o cal da lugar ás horas, días, meses e anos; ao ciclo da auga e as partes polas que está composta a Terra. Tamén é de vital importancia que o alumno/a, como suxeito crítico, coñeza a importancia do noso planeta e que o coide.

Os enlaces aos vídeos:
ANTÍA CUNTÍN



        Unha vez aprendido que eran e cales eran os recursos educativos, visualicei diferentes opcións como páxinas webs, blogs... tamén visitei o repositorio do Espazo Abalar, como nos indicou a profesora nas clases teóricas, e busquei mapas interactivos relacionados co tema escollido polo grupo para o proxecto.

         Finalmente, decidinme por este último recurso xa que me parece unha forma de aprender entretida e rápida para os nenos e nenas. O primeiro mapa interactivo que escollín é sobre as capas da terra e trata de indicar onde se atopan no debuxo que nos mostra. O segundo mapa é para aprender os continentes do mundo e indicar onde se atopan. Os dous son sinxelos de comprender para un neno ou nena de primaria e amenos para realizar e aprender con facilidade a materia.
     
      Como ex alumna botei en falta que os meus profesores e profesoras empregasen recursos educativos deste tipo, e como futura educadora, sen dúbida utilizareinos para traballar a materia cos meus alumnos e alumnas.

Os enlaces aos mapas interactivos:

martes, 4 de febrero de 2020

O noso proxecto


Boas, Merodeadores!! Ímosvos contar un pouco como foi o noso proxecto.
Despois de moito pensar, decidímonos por un tema: o planeta Terra. Realizarémolo empregando recursos educativos audiovisuais como videos ou xogos entre outros. Esperamos que non sexa moi complexo e que nos permita plasmar todas as ideas que temos en mente.
Comezaremos por buscar material didáctico, ademáis de consultar blogs que nos sirvan de inspiración; visionaremos películas e debuxos animados para comprender por qué conseguen chamar a atención dos/as nenos/as; trataremos de simulala para espertar o interese dos/as cativos/as pola aprendizaxe.

martes, 28 de enero de 2020

Presentación

    Ola Merodeadores/as! Somos catro alumnas de 1º Educación Primaria, cursando Novas Tecnoloxías. En canto á materia, as nosas expectativas non son moi altas, xa que ningunha cursou o bacharelato, polo que non estamos moi familiarizadas co ámbito das TIC, aínda que estas están á orde do día (teléfonos móbiles, televisións, ordenadores, tablets... entre outros).

    Un dos medos que temos é non saber empregar correctamente os materiais que se nos ofrecen, pensamos que ía ser unha asignatura doada, como o era nos primeiros cursos do instituto, unha clase para repousar do axetreo da mañá e na que non facíamos máis que memorizar extensión de arquivo, aprender a xustificar o texto en Word e engadir diapositivas en PowerPoint.

    De momento estamos emocionadas co proxecto. Somos conscientes da dificultade que supón pero intentaremos facelo o mellor que sepamos (e poidamos).

    A primeira impresión sobre a materia foi boa, xa que a pesar de non dominar moi ben a área da informática, as actividades que se nos propoñen, como o deseño do blog, parecen doadas. Paréceme moi interesante realizar actividades a través das TIC, xa que están á orde do día. Espero realizar correctamente as actividades propostas.
Antía Cuntín

    A idea inicial acerca da materia foi bastante positiva xa que aínda que non estou moi inmersa no mundo das TIC, si que controlo a maioría dos seus usos máis básicos. Pero paréceme moi importante e interesante coñecer máis e aprender sobre a súa utilidade. Xa que é unha ferramenta bastante útil para a nosa futura profesión como docentes, así como para a nosa vida cotiá e o propio desenvolvemento persoal.
Laura Cid

    A miña impresión sobre esta materia foi boa, paréceme unha materia bastante amena e práctica. Véxoa moi necesaria xa que hoxe en día as TIC están inmersas na soa vida cotiá e aunque nos pareza que sabemos moito sobre elas (teléfono móbil, videoxogos, ordenadores...), en realidade fáltanos moito por aprender sobre elas, xa que son fundamentais para a nosa profesión. Espero non ter moitas dificultades para acadar uns bos resultados.
Anxela Diéguez

    Non tiña moi boas expectativas respecto da materia debido a experiencias previas que tiven coas TIC. Sen embargo debido ao entusiasmo que nos transmitiu a docente no primeiro día de clase, véxoa como unha oportunidade de formarnos e mudar este prexuízo.

    O que espero conseguir ao rematar o cuatrimestre é un maior dominio dos programas que nun futuro me permitan acompañar a miña labor docente como un recurso que motive aos alumnos/as a aprender e coñecer.
Eva Casar