miércoles, 25 de marzo de 2020

Recurso audiovisual

     Qué tal, Merodeadores?? Xa voltamos para presentarvos desta vez unha nova tarefa que tivemos que realizar: a creación dun recurso audiovisual 🎬📽.

     Despois de moito pensar e pensar decidimos titular ao noso recurso "Ecotoy story". O tema escollido foi a reciclaxe enfocada dende a perspectiva da contaminación. Queríamos contar unha historia concienciadora sobre a importancia de reducir, reciclar e reutilizar para preservar o noso fogar, o planeta Terra.

     Primeiro realizamos xoguetes con materiais reciclados, que serían os protagonistas da historia. Aproveitando a clase gravamos varias secuencias (as de tomatito e centilin), e o resto rematámolas na casa.

     Unha vez que tíñamos todas as escenas era hora de montalas e darlle voz. As aplicacións que empregamos foron en primeiro lugar iMovie, para xuntar as secuencias gravadas; e en segundo lugar Clipchamp para engadirlle voz en off, os créditos e a licenza (recordade sempre facer isto último para que non vos acusen de plaxio😉).

     A verdade é que ao comezo a idea do audiovisual pareceunos unha boa tarefa para aprender sobre este ámbito bastante descoñecido para todas. Unha vez comezamos a editar démonos de conta de que non era todo tan sinxelo como semellaba pero finalmente acabamos bastante satisfeitas co noso recurso. De seguro que cando sexamos futuras docentes nos animamos a crear máis materiais así.



ANTÍA, ANXELA, LAURA E EVA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario