martes, 28 de enero de 2020

Presentación

    Ola Merodeadores/as! Somos catro alumnas de 1º Educación Primaria, cursando Novas Tecnoloxías. En canto á materia, as nosas expectativas non son moi altas, xa que ningunha cursou o bacharelato, polo que non estamos moi familiarizadas co ámbito das TIC, aínda que estas están á orde do día (teléfonos móbiles, televisións, ordenadores, tablets... entre outros).

    Un dos medos que temos é non saber empregar correctamente os materiais que se nos ofrecen, pensamos que ía ser unha asignatura doada, como o era nos primeiros cursos do instituto, unha clase para repousar do axetreo da mañá e na que non facíamos máis que memorizar extensión de arquivo, aprender a xustificar o texto en Word e engadir diapositivas en PowerPoint.

    De momento estamos emocionadas co proxecto. Somos conscientes da dificultade que supón pero intentaremos facelo o mellor que sepamos (e poidamos).

    A primeira impresión sobre a materia foi boa, xa que a pesar de non dominar moi ben a área da informática, as actividades que se nos propoñen, como o deseño do blog, parecen doadas. Paréceme moi interesante realizar actividades a través das TIC, xa que están á orde do día. Espero realizar correctamente as actividades propostas.
Antía Cuntín

    A idea inicial acerca da materia foi bastante positiva xa que aínda que non estou moi inmersa no mundo das TIC, si que controlo a maioría dos seus usos máis básicos. Pero paréceme moi importante e interesante coñecer máis e aprender sobre a súa utilidade. Xa que é unha ferramenta bastante útil para a nosa futura profesión como docentes, así como para a nosa vida cotiá e o propio desenvolvemento persoal.
Laura Cid

    A miña impresión sobre esta materia foi boa, paréceme unha materia bastante amena e práctica. Véxoa moi necesaria xa que hoxe en día as TIC están inmersas na soa vida cotiá e aunque nos pareza que sabemos moito sobre elas (teléfono móbil, videoxogos, ordenadores...), en realidade fáltanos moito por aprender sobre elas, xa que son fundamentais para a nosa profesión. Espero non ter moitas dificultades para acadar uns bos resultados.
Anxela Diéguez

    Non tiña moi boas expectativas respecto da materia debido a experiencias previas que tiven coas TIC. Sen embargo debido ao entusiasmo que nos transmitiu a docente no primeiro día de clase, véxoa como unha oportunidade de formarnos e mudar este prexuízo.

    O que espero conseguir ao rematar o cuatrimestre é un maior dominio dos programas que nun futuro me permitan acompañar a miña labor docente como un recurso que motive aos alumnos/as a aprender e coñecer.
Eva Casar

No hay comentarios:

Publicar un comentario